Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lea no PSOE tras as palabras de Óscar López culpando a Lambán do fracaso electoral en Aragón

Lea no PSOE tras as palabras de Óscar López culpando a Lambán do fracaso electoral en Aragón

A candidata nos comicios, Pilar Alegría, afeoulle a conduta ao seu vello compañeiro no Executivo central

O presidente manchego e vello amigo de Lambán, Emiliano García Page, cre que López debería pedir perdón

 

G24.gal 13/02/2026 14:34

"Antes da chegada de Pilar Alegría, o partido en Aragón e o señor Lambán, en lugar de facer oposición ao señor Azcón, dedicouse a outra cousa, e por certo moitas veces cos argumentos da dereita". Son as palabras de Óscar López que desataron unha nova tormenta interna nas filas socialistas.

O PSOE aragonés expresou o seu malestar a través da senadora e man dereita de Javier Lambán durante anos, Mayte Díaz, que acusou o ministro da Función Pública de sementar a discordia no partido. A propia Pilar Alegría, ata hai pouco compañeira de López no executivo, tamén lle afeaba as súas palabras nas redes sociais.

O presidente manchego, Emiliano García-Page, unha das voces máis críticas con Pedro Sánchez dentro do seu partido, tamén quixo dar o seu punto de vista. "Pódense facer unha idea do duro que é discrepar a día de hoxe no PSOE. Espero que hoxe, 24 horas despois, pidan desculpas", dixo Page.

Esta mañá o ministro da Presidencia nin se desculpou nin se quixo referir ás palabras de Óscar López. Só reivindicou o legado de Lambán. "Creo que todos no PSOE recoñecemos a figura de Javier Lambán, é un recoñecemento unánime, e Lambán foi un referente para os socialistas", dixo Félix Bolaños.

Pero o desafecto do Goberno coas voces críticas no seo do PSOE non remata en Lambán. O ministro de Política Territorial sinálalle a porta de saída ao expresidente Felipe González, que esta semana Felipe que por primeira vez votará en branco nas próximas eleccións.

"Cando queres que o perda o líder do teu propio partido, pensa que fas ti aí", apuntou Ángel Víctor Torres citando outro socialista defunto e crítico con Pedro Sánchez, Alfredo Pérez Rubalcaba.

Felipe González tamén asegurara que pactar con Vox lle resulta menos disparatado que facelo con Bildu.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade