Lea entre o adestrador do Ávila e o responsable de prensa do Coruxo
García Puig queixose do cansanzo porque o Coruxo lles adiantara o partido
O responsable de prensa insitíallle en que se botaran atrás
A discusión derivou en insultos e nunha patada á cadeira de rodas do responsable de prensa
O partido entre o Coruxo e o Ávila acabou con empate (1-1) e con incidentes na sala de prensa. Foi durante a conferencia de prensa do adestrador visitante, Marc García Puig, e logo do intercambio de pareceres entre o adestrador e o responsable de prensa do Coruxo.
García Puig queixose do traballo arbitral e de que lles faltaran folgos na segunda parte porque viñan de xogar un partido de Copa. Tamén incidiu en que, o feito de ter que xogar o domingo pola mañá e non pola tarde, lles prexudicara. O responsable de prensa replicaba que o Ávila se botara atrás e que fora decisión da Federación, a de adiantar o partido. E a partires de aí medrou de ton a discusión.
García Puig aclaroulle que o horario do partido decidirao o Coruxo e que, como xornalista, non debía mentir. E o responsable de prensa suliñaba que o Ávila se metera atrás. O punto crítico sucedeu cando finalizou a rolda de prensa e o técnico se levantou. De camiño á porta de saída da sala. Aí a discusión derivou en insultos, nunha patada de García Puig á cadeira de rodas que emprega o responsable de prensa. E na sucesión de berros, na ansiedade, que se escoita no vídeo.
O responsable de prensa do Coruxo foi trasladado ao hospìtal Álvaro Cunqueiro. E o Ávila emitiu un comunicado no que aclara que o seu adestrador, en ningun momento, golpeou o empregado do Coruxo.