Lamine Gueye chega cedido ao Ourense C. F.
O centrocampista senegalés chega cedido polo Real Betis Balompié para estrearse na Primeira RFEF

O Ourense C. F. reforza o seu cadro co centrocampista Lamine Gueye, futbolista de orixe senegalesa que chega cedido polo Real Betis Balompié. Na pasada tempada, o xogador militou nos equipos xuvenís do conxunto verde e branco e tamén formou parte, en calidade de cedido, do Calavera C. F., equipo que compite na División de Honra Xuvenil.
Gueye, que ten contrato en vigor co Real Betis por tres tempadas, chega agora ao Ourense co obxectivo de estrearse na Primeira RFEF, dando así un paso adiante na súa traxectoria profesional.
O club ourensán disputa este mércores o seu primeiro partido oficial cun encontro ante a Sarriana, correspondente á rolda previa da Copa Federación. En caso de acadar a vitoria, o conxunto azul enfrontarase ao Rácing Vilalbés na seguinte eliminatoria.