Luis Enrique: "Claro que son o líder da selección"
Sobre a marcha de Gayá: "Tivo mala sorte. O lateral esquerdo é a única posición pola que non podo agardar"
Luis Enrique ten a dúbida de Carvajal, e parece que Guillamón non chegará a tempo
O liderado de Luís Enrique na selección española que disputará Qatar 2022, reafirmouno o seleccionador nunha rolda de prensa en vésperas do debut ante Costa Rica, na que asegurou que é "o líder", defendendo que deberían de selo todos os técnicos por encima dos xogadores.
"O líder de calquera selección ten que ser o adestrador porque é o que tomas as decisións. Aínda que sexa a túa primeira experiencia, es o líder", defendeu na súa comparecencia a pouco máis de 24 horas antes da estrea de España no Mundial de Qatar 2022.
Mostrou ambición Luís Enrique ao non poñerlle teito á selección española e marcar a disputa de todos os partidos do campionato.
"Non sabemos o teito, pero o noso obxectivo é chegar ata a final como todas as seleccións. Queremos estar o máximo tempo posible. Hai que ter fe no que un fai. Realmente as 32 seleccións poden gañar"
"Vai ser difícil. Eles van competir"
Busquets quere gañar o primeiro partido:
"Xa é hora de gañar o primeiro partido"
Sobre Gayá non houbo nin un ápice de polémica. Di o técnico que Gayá marchou de Qatar porque así o dixeron os médicos da selección. Outros quedarían, pero no caso de Gaya non había recambio:
"Tivo mala sorte. O lateral esquerdo é a única posición pola que non podo agardar"