Kiko Rey engade o seu nome ao mítico campo de Cantarrana en Viveiro
O goleador mariñán, que loita contra a ELA, foi homenaxeado nun amigable que xogaron o Rácing de Ferrol e o Real Madrid Castela, dous dos seus exequipos
O campo de Cantarrana en Viveiro ten un novo nome: Estadio Municipal Kiko Rey. Homenaxe ao mítico xogador e referente da loita contra a ELA. Foi durante o Memorial Luis de Carlos, que enfrontou o Rácing de Ferrol e o Castela, dous dos equipos nos que xogou e que tamén participaron no recoñecemento.
O Concello de Viveiro, a súa vila natal, o Rácing de Ferrol, co que foi máximo goleador de terceira e o Real Madrid, quixeron homenaxear esta lenda do fútbol galego. Francisco Javier Rey García despois de marcar máis de cincocentos goles como profesional adestra agora os cadetes do Viveiro, equipo do que o seu avó foi o socio número un.
Kiko Rey convive coa ELA desde hai varios anos. No municipal de Cantarrana Kiko Rey gañou o Real Madrid Castela por dous goles a un.