Publicador de contidos

Publicador de contidos

Juan Verde: "O cambio climático é a maior ameaza para a estabilidade económica mundial"

Juan Verde: "O cambio climático é a maior ameaza para a estabilidade económica mundial"

"O mundo avanza cara a un novo modelo de economía verde"

Asesor dos gobernos de Biden, Obama e Clinton, Verde deu a conferencia inaugural do curso no colexio Peleteiro de Santiago

G24.gal 14/09/2023 20:22 Última actualización 14/09/2023 20:30

"Os expertos mundiais entenden que a covid-19 foi un grande aviso do que pode vir, que é o cambio climático. A grande ameaza para a estabilidade económica mundial é o cambio climático".

É o diagnóstico que fai Juan Verde da era postpandemia. Dun mundo que, di, avanza sen retorno cara ao novo modelo de economía verde.

"Por primeira vez, non temos por que elixir entre salvar o planeta e o desenvolvemento económico. O modelo de economía verde dános a oportunidade de ter as dúas cousas. A inmensa maioría das grandes empresas que son máis competitivas son as que elixiron innovar de maneira máis sostible, hoxe a sostibilidade é sinónimo de rendibilidade e competitividade", asegura.

Recoñecido internacionalmente polo seu traballo no campo da sostibilidade, Juan Verde pronunciou a conferencia inaugural do curso no colexio Peleteiro. Cunha mensaxe para os que serán o motor económico do futuro.

"O presidente Obama sempre dicía que se queremos que os futuros empresarios entendan o concepto da sostibilidade deberiamos lembrarlles que como empresarios é mellor gañar cartos durante moito tempo. Non vale de nada gañar moito a curto prazo se non sabes que tipo de empresa lles vas deixar aos teus fillos ou que legado imos deixar".

Juan Verde traballou como asesor dos expresidentes norteamericanos Obama e Clinton, e actualmente forma parte tamén do consello asesor do presidente Joe Biden.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade