Publicador de contidos

Publicador de contidos

Juan Carlos Andrés non adestrará o Compostela da vindeira temporada

Juan Carlos Andrés non adestrará o Compostela da vindeira temporada

O adestrador vigués foi contratado en abril para substituír a Fabiano Soares

G24.gal 31/05/2023 20:55

O adestrador vigués Juan Carlos Andrés non continuará á fronte da Sociedade Deportiva Compostela para a vindeira temporada. O adestrador foi o elixido no mes de abril para substituír a Fabiano. Clasificou o equipo para a fase de ascenso na 4.ª posición pero non conseguiu superar a eliminatoria contra o Tarazona. 

O balance de Andrés é de tres vitorias, dous empates e tres derrotas nos oito partidos que dirixiu. Agora, o equipo santiagués buscará un novo técnico que guíe o equipo na temporada 23-24 á procura de estar entre os mellores da Segunda Federación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar