Jozabed reforza un Lugo totalmente renovado
Un equipo totalmente renovado nun Lugo que busca o ascenso
O Deportivo pecha o equipo coa chegada de Salva Sevilla e a saída de Isi

Atopámonos ante unha Primeira RFEF que fala en galego. Lugo, Deportivo, Arenteiro e Celta Fortuna loitarán na competición tratando de lograr os seus diferentes obxectivos.
O Lugo quere volver a Segunda División despois dunha moi mala tempada, polo que apostou por unha renovación total do equipo. Coa saída de Idrissa Thaim, só continúan os canteiráns que compaxinaron Polvorín e primeiro equipo a tempada pasada (Antonetti e Andrés Castrín).
Saíron 39 xogadores diferentes que formasen parte do primeiro equipo o pasado ano, destacando as baixas de xogadores establecidos como Manu Barreiro ou Juanpe e ata dunha das que prometía ser a estrela este ano como Idrissa Thiam a última hora.
Para compensar todas estas marchas, os lucenses incorporaron 18 fichas, sendo as últimas un Jozabed moi experimentado na Primeira e Segunda División e un Antoñín que vén dende o Granada.

Pola súa parte o Deportivo tamén sufriu cambios ata o último momento do mercado.
Os adestrados por Idiakez perderon xogadores importantes este verán, resaltando as baixas de Mario Soriano cara Eibar e de Alberto Quiles dirección Albacete. No último día de mercado tamén saiu Isi Gómez.
O conxunto coruñés reforzou a porteira coa chegada dende Ibizia de Parreño despois do mal playoff de Mackay. Balenziaga e Paris chegaron para aportar experiencia nos laterais.
As fichaxes de Carnero para a dianteira e a chegada a última hora de Salva Sevilla, un especialista nos ascensos (subiu en 6 ocasións), ilusionan a unha afección deportivista que tratará de conseguir o tan ansiado ascenso a Segunda División.

O Arenteiro tamén tivo que reformar o seu equipo tras o ascenso e fixoo coa chegada de un mediocentro como Tiago procedente do Ourense CF e dun Miku que debe ser a referencia no ataque despois da marcha de xogadores importantes como Antón Escobar. Aínda así, Javi Rey contará cun bloque establecido no que continúan xogadores chave o ano pasado como Vitra, Álex Fernández, Pibe ou Marquitos.
O Celta Fortuna tamén tivo que apostar por novos xogadores despois de saídas de piares para Claudio Giráldez como Barcia ou Íker Losada, ambos con destino a Segunda División, e un Hugo Sotelo que xa conta para Rafa Benítez. Hugo Álvarez, Raúl Blanco e Damián Rodríguez serán xogadores que asuman esa posición de líderes no terreo de xogo.