Publicador de contidos

Publicador de contidos

Joseph Aidoo sofre unha rotura no tendón de Aquiles e perde o resto da temporada

Joseph Aidoo sofre unha rotura no tendón de Aquiles e perde o resto da temporada

A outra dúbida está no lateral Ristic, que sofre unha escordadura no ligamento lateral interno do xeonllo

Carles Pérez sofre unha lesión na inserción do adutor esquerdo e traballa de maneira individual

Federación de Ghana
G24.gal 16/10/2023 19:10 Última actualización 16/10/2023 19:20

Joseph Aidoo sofre unha rotura no tendón de Aquiles e perde o resto da temporada

O defensa ghanés lesionouse durante o partido amigable ante México, tendo que ser substituído antes de que se cumprise a media hora de xogo. A Federación de Ghana publicou unhas fotos do futbolista en que camiña con axuda de dúas muletas. É unha baixa moi sensible para Rafa Benítez.

A outra dúbida está no lateral Ristic, que non chegou a gozar de minutos con Serbia despois de que as probas médicas que lle realizaron os servizos médicos da selección revelaran que sofre unha escordadura no ligamento lateral interno do xeonllo.

Ademais, Carles Pérez sofre unha lesión na inserción do adutor esquerdo durante un adestramento e comezou a semana exercitándose de maneira individual.

O Celta comezou a preparar este luns o partido ante o Atlético de Madrid.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade