Publicador de contidos

Publicador de contidos

Joselu debuta ao grande coa selección española

Joselu debuta ao grande coa selección española

O de Silleda entrou no treito final do partido e sentenciou a Noruega cun dobrete (3-0)

Aspas saíu no equipo titular e xogou 60 minutos

G24.gal 26/03/2023 08:38

O silledense Joselu Mato debutou ao grande coa camisola da selección española de fútbol. Entrou no minuto 81 en substitución de Álvaro Morata e marcou no 83 e no 85 un dos dobretes máis rápidos na historia da vermella. O dianteiro galego, a piques de facer os 33 anos, foi o que levou os focos no primeiro partido de clasificación para a Eurocopa de 2024. 

Iago Aspas tamén viu premiado o seu bo momento cunha titularidade na primeira dianteira que dispuxo Luís de la Fuente. A carón de Morata e Olmo, o autor do primeiro gol do partido. 

Noruega, con Strand Larsen de titular, meteu medo durante moitos minutos, pero a boa actuación de Kepa impediu que España levase un susto. O partido non quedou sentenciado ata a aparición maxistral de Joselu que puxo o 3-0 definitivo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar