José Manuel Rodríguez Uribes, novo presidente do Consello Superior de Deportes
É o quinto presidente do CSD nos cinco anos e medio de Pedro Sánchez como presidente do Goberno
José Manuel Rodríguez Uribes, ministro de Cultura e Deporte entre xaneiro de 2020 e xullo de 2021, foi nomeado este martes polo Consello de Ministros novo presidente do Consello Superior de Deportes (CSD), cargo no que substitúe a Víctor Francos.
Rodríguez Uribes, nacido en Mislata (Valencia) hai 55 anos, é o quinto presidente do CSD nos cinco anos e medio de Pedro Sánchez como presidente do Goberno. Doutor en Dereito, ata o de agora ocupaba o cargo de Embaixador Delegado Permanente de España ante a UNESCO.
O seu inmediato predecesor, Víctor Francos, dimitiu o pasado 14 de decembro alegando "razóns profesionais" despois de seis meses á fronte do organismo e de que no novo Executivo o deporte pasase a depender do ministerio de Educación e Formación Profesional, con Pilar Alegría á fronte, e non de Cultura como permanecera ata a data.