Publicador de contidos

Publicador de contidos

José María Eiros, microbiólogo: "Hai novas infeccións, pero non son graves"

José María Eiros, microbiólogo: "Hai novas infeccións, pero non son graves"

A situación é de relativa tranquilidade, grazas á vacinación

G24.gal 09/11/2021 20:20

A alta cobertura de vacinación favorece a Galicia e a España nun contexto de aumento dos contaxios en Europa. O microbiólogo José María Eiros, director do Centro Nacional da Gripe de Valladolid, lembrou que malia que a incidencia tamén aumenta aquí, a gran maioría dos casos novos non son graves. 

Eiros considera preciso insistir na necesidade de que se vacinen os que aínda non quixeron facelo. Apuntou que as persoas inmunizadas non só se protexen a si mesmas, senón tamén os demais. 

José María Eiros destacou que, se a transmisión do virus segue incrementándose, teremos unha nova onda da pandemia. 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos