Jorgen Larsen soña con facer “un triplete” en Balaídos

Para o dianteiro, o seu gran ídolo foi Fernando Torres

G24.gal 09/11/2023 12:11 Última actualización 09/11/2023 12:17

O internacional noruegués Jorgen Strand Larsen, asegurou que creceu co exdianteiro do Atlético de Madrid e Liverpool Fernando Torres como o seu “grande ídolo”, aínda que agora tamén tenta aprender do seu compatriota Erling Haaland.

“Cando era máis novo o meu grande ídolo era Fernando Torres, por iso o meu gato chámase Torres. Era o meu ídolo porque vía todos os partidos do Liverpool e el entón xogaba alí. Fernando Torres era un xogador incrible, pero tamén había outros moi bos como Ronaldo, Zlatan (Ibrahimovic)…”, afirmou.

O atacante celeste, polo que o club galego pagou preto de doce millóns de euros ao Groningen, agora fíxase no dianteiro do Manchester City Erling Haaland, co que comparte vestiario na selección norueguesa.

“É un xogador fantástico. Ir á selección e velo adestrar é moi bo para min porque podo aprender moitas cousas del. Somos amigos desde antes e el dáme consellos para mellorar sobre movementos e como marcar. Está a axudarme moito”, admitiu nunha entrevista con CeltaMedia.

Larsen, que cumpre a súa segunda tempada no Celta, soña con facer “un triplete” en Balaídos, onde se atopa “moito mellor” despois dun primeiro ano de adaptación.

“Quero demostrar aos afeccionados do Celta e ao club que son un bo xogador, que podo meter moitos goles con esta camiseta”, indicou o atacante, un dos fixos no once de Rafa Benítez

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos