Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jorge Prado regresa á competición esta fin de semana

Jorge Prado regresa á competición esta fin de semana

Xa está recuperado da lesión de ombreiro

G24.gal 12/05/2022 13:17 Última actualización 12/05/2022 13:21

O dobre campión do mundo de Motocrós, Jorge Prado, regresará á competición esta fin de semana tras recuperarse da lesión de ombreiro sufrida hai tres semanas. Prado tivo que prescindir do Gran Premio de Italia a semana pasada xa que nun adestramento rutineiro nunha pista de Roma sufriu unha caída na que se dislocou o ombreiro. Tras as primeiras inspeccións e probas médicas, en que se detectou unha pequena fractura na cabeza do húmero e un corte no ligamento, o piloto galego trasladouse a Bélxica onde seguiu un completo plan de recuperación traballando en fisioterapia e continuando cos seus adestramentos en bicicleta para non perder forma física.

A principios desta semana e co consentimento do equipo médico, Jorge realizou unha xornada de adestramento en mountain bike e dúas sesións de probas sobre o seu Gas Gas nun terreo similar ao que vai atopar en Sardeña. As sensacións do lucense foron moi positivas e iso é o que lle levou a tomar a decisión de reaparecer xa esta fin de semana en Riola Sardo:

"Estou moi contento coa evolución que seguiu a lesión, desde o primeiro momento púxenme en mans do mellor equipo de fisios en Anveres, que fixeron un traballo fantástico. Notei o fortalecemento do ombreiro día a día e en ningún momento tiven molestias".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos