Cargando resultados...
Jorge Cagiao gaña en Narón nunha emocionante loita con Víctor Senra
A proba era puntuable para a Copa de España de asfalto
G24.gal
26/05/2024 11:54
Rematou o Rally de Narón, puntuable para a Copa de España de asfalto, con emoción ata o final. Porque, despois do dominio total de Jorge Cagiao pola mañá, o piloto local tivo que esforzarse ao máximo nos dous últimos treitos, para acabar gañando o Rally e evitando a remontada de Víctor Senra.
O campión galego marcou dous scratch e púxose a oito segundos, pero acabou cedendo por once logo do último treito que acaba de rematar. No terceiro chanzo do podio subiu Miguel Fuster, que cedeu ao final un minuto e vintecinco segundos.