Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jordan marca e o Compostela colle a directa (1-0)

Jordan marca e o Compostela colle a directa (1-0)

Segundo triunfo consecutivo do equipo de Fabiano, que mira cara á zona alta

G24.gal 05/11/2022 19:30

Segundo triunfo consecutivo dunha SD Compostela que comeza a mirar cara a zona alta da clasificación. A Ximnástica de Torrelavega avisou ao pouco de principiar o partido cunha ocasión moi clara pero o resto dos achegamentos claros foron do equipo de Fabiano.

Non houbo moitas ocasións na primeira parte e a mellor estivo nas botas do recuperado Mario Rodríguez que volvía ao equipo titular. Na segunda metade o Compos insistiu e acabou por atopar premio no 69 cando unha xogada entre Jordan e Darío culminouna o primeiro metendo a punteira.

Os cántabros presionaron nos últimos minutos pero o Pato Guillén soubo resolver todo o traballo que lle chegou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade