Jonny Otto, apartado do Wolves por un incidente nun adestramento

O ex-xogador do Celta Jonny Otto, do Wolverhampton Wanderers, foi apartado do equipo despois dun "incidente no adestramento".
O lateral galego non entrou na convocatoria do pasado sábado contra o Arsenal e tampouco xogará este martes contra o Burnley.
"Houbo un incidente no campo de adestramento a semana pasada e estase tratando o tema co club. Jonny non estará na convocatoria mañá. Se volve e cando volve, xa o direi", dixo Gary O'Neill, técnico do Wolverhampton Wanderers, en conferencia de prensa.
"Neste momento non está dispoñible para os próximos partidos. Prefiro non entrar en detalles, o club está a lidar con iso", engadiu.
Jonny, que chegou cedido do Atlético de Madrid en 2018 e foi fichado polo Wolves en 2019, apenas disputou tres encontros esta tempada, dous en Copa da Liga e un en Premier League.