Cargando resultados...
			
		
	
		
	
	
	
		
		
		Jonathan Aspas: "Gustaríame que algún día o trofeo Zarra levase o nome de Iago Aspas"
"Creo que na renovación de Iago non imos tardar máis aló de tomar un café. Sería un grande impulso para a campaña de abonados poder anuncialo antes de empezar a temporada"
                            G24.gal
                        
                            30/06/2022 22:18
                        
                        
                                Última actualización 30/06/2022 23:28
                        
                        
                    
                    O irmán e representande de Iago Aspas, Jonathan Aspas, pasou este xoves polos micros de 'Ao contraataque' para falar das conversas abertas entre o Celta e o xogador sobre a súa renovación ata 2025.
Aspas adianta que as dúas partes están de acordo e as negociacións serán moi sinxelas. Con respecto a unha posible vinculación ao club unha vez colgue as botas, o representante de Aspas di que aínda é pronto para falar diso. O que si asegura é que o moañés aínda ten fame de xogar máis partidos.