Publicador de contidos

Publicador de contidos

Johnson confirma a primeira morte pola variante ómicron no Reino Unido

Johnson confirma a primeira morte pola variante ómicron no Reino Unido

En Londres, a variante representa aproximadamente "o 40 % dos casos"

G24.gal 13/12/2021 13:17

Polo menos unha persoa faleceu no Reino Unido por mor da nova variante ómicron do coronavirus, que soamente en Londres representa xa aproximadamente "o 40 % dos casos", segundo anunciou este luns o primeiro ministro británico Boris Johnson. 

En declaracións aos medios durante unha visita realizada a un centro de vacinación no barrio de Paddington, no oeste da capital británica, o líder tory advertiu de que "tristemente, ómicron está a producir hospitalizacións e polo menos un paciente faleceu" pola súa causa. 

O dirixente conservador rexeitou así mesmo a actual percepción de que esta variante produce efectos menos graves que outras. 

"Esta idea de que é unha versión máis suave do virus é algo que debemos aparcar e recoñecer a rapidez coa que se acelera entre a poboación. Así que, o mellor que podemos facer é poñer todos a dose de reforzo" da vacina, resaltou Johnson. 

O xefe do Executivo anunciou onte que desde hoxe se ofrecerá a dose de reforzo contra a covid–19 a todos os maiores de 18 anos en Inglaterra, sempre que pasasen polo menos tres meses desde a segunda dose, a fin de combater a "marea" de infeccións que se prevé que chegará ao país.

Johnson alertou hoxe de que "arredor do 40 por cento" dos casos de covid–19 que se rexistran agora en Londres pertencen a esa variante, á vez que os hospitais do país xa empezaron a recibir pacientes infectados por ómicron e témese un colapso do servizo público sanitario.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos