Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jealsa amplía as súas instalacións en Boiro coa estrea dun almacén tecnolóxico

Jealsa amplía as súas instalacións en Boiro coa estrea dun almacén tecnolóxico

A ampliación coincide coa prórroga que lles acaba de conceder a Xunta para permanecer no porto de Boiro ata o ano 2067

O presidente da Xunta, durante a súa visita ás instalacións de Jealsa en Boiro (EFE/Lavandeira Jr)
G24.gal 09/01/2026 17:07

Jealsa, a maior conserveira de Galicia, estrea almacén tecnolóxico coincidindo coa prórroga que lles acaba de conceder a Xunta para permanecer no porto de Boiro ata o ano 2067. Nunha visita este venres á empresa, o xefe do Goberno galego, Alfonso Rueda, destacou o interese estratéxico da multinacional, que xera no Barbanza 3.000 empregos directos e 12.000 indirectos.

Para conseguir unha prórroga excepcional como a de Jealsa, que amplía a concesión de 50 a 75 anos, un dos requisitos é que a empresa se comprometa a facer investimentos importantes. É o caso da conserveira, que destina 8 millóns de euros a mellorar as instalacións afectadas polo incendio do 2021 ou a facer un almacén tecnolóxico coma este.

"Sendo conscientes de que 17.000 dos 150 metros cadrados que temos son unha concesión, tiñamos que conseguir esta prórroga porque ninguén se atreve a investir cun horizonte curto como o que había aquí", explicou Jesús Alonso Escurís, presidente do Grupo Jealsa.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, dixo que a conserveira é "símbolo da Galicia innovadora, competitiva e comprometida", razóns polas que se lle concedeu a prórroga excepcional, que amplía a vixencia da concesión ata o máximo permitido, que son 75 anos. O xefe do Goberno galego defendeu que as administracións deben acompañar "con decisións valentes" iniciativas empresariais que xeren riqueza no país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos