Publicador de contidos

Publicador de contidos

Javier Sendón: "Escoitamos o Galicia en Goles dende as Seychelles"

Javier Sendón: "Escoitamos o Galicia en Goles dende as Seychelles"

Un noiés, fiel oínte da Radio Galega, protagonista hoxe no Choco-Noia

G24.gal 24/04/2022 18:32

En Santa Mariña o Galicia en goles recibiu unha grata visita na cabina de retransmisión. Javier Sendón, cociñeiro da Barbanza que asegurou escoitar dende o estranxeiro a radio pública de Galicia.

"Son seareiro do Noia e sempre escoito a Radio Galega. Escóitoa a todas horas, sobre todo pola noite o 'Pensando en ti'. Traballo nun barco atuneiro, estamos en moitos sitios. Encántanme os programas que botan. Botamos de menos Galicia. Somos once galegos e escoitamos todos a Radio Galega. Case todos somos de Noia ou arredores. Somos do Celta"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos