Javier Pardo regresa á disciplina de Recalvi
Debutará no Rally de Ourense e ademais está confirmado que estará no Rally Rías Baixas
O piloto de Allariz entra no lugar de Cohete Suárez
A noticia do día é o retorno de Javier Pardo á disciplina de Recalvi. O piloto de Allariz pilotará unha unidade de Skoda. Debutará no rally de Ourense e ademais está confirmado que estará no Rally Rias Baixas. Pardo volve a Recalvi. Veremos se con opcións de poder pelexar por algo grande, como xa aconteceu a temporada pasada.
"A negociación con Chema foi moi doada, púxome todas as condicións moi fáciles"
"Imos intentar conseguir iso que tanto desexa, un equipo integramente galego"
Cohete Suárez, o líder do Campionato de Europa e do Supercampionato de España tras gañar na Nucía e o Rally Sierra Morena, anunciaba a súa separación de Recalvi, o patrocinador galego co que competeu os sete últimos anos.
“Ata sempre, Recalvi Team”, colgou nas súas redes sociais o piloto asturiano.
“Grazas por estes fantásticos sete anos con catro títulos e grandes momentos deportivos con tantos éxitos vividos, unha gran experiencia privado para todo o equipo. Seguirémonos vendo nas carreiras como bos amigos”.
Chema Rodríguez, dono de Recalvi, deixa clara a mala situación que vivía o equipo con Cohete.
"Cando empezas a ter problemas, pois antes de que pasen cousas que non deberían, mellor deixalo"
"Eu non gozaba das carreiras, ata andaba con Trankimazin"