Cargando resultados...
Javier Pardo, líder do Supercampionato: "É o meu ano"
Quedan catro probas, comezando en Asturias co Rally Princesa de Asturias
G24.gal
28/08/2025 14:01
Última actualización 28/08/2025 14:06
Javier Pardo, o piloto de Allariz , esta a facer unha gran tempada, acadando o triunfo no rally de Ourense e obtendo o segundo posto no rally Rías Baixas, liderando así o Supercampionato de España.
"É o meu ano".
Con todo, é un deporte con custos moi altos, dende o coche ata os desprazamentos, que fan aínda máis valioso cada resultado.
"Cada quilómetro custa moito diñeiro e non nolo podemos permitir. E iso que estamos no mellor equipo".
Os seguintes pasos están claros: quedan 4 probas neste campionato, comezando en Asturias co Rally Princesa de Asturias.