Publicador de contidos

Publicador de contidos

Javier López: "O ideal é que Gustavo veña a recuperarse a España"

Javier López: "O ideal é que Gustavo veña a recuperarse a España"

O amigo e exadestrador de Dacal estivo presente no Control Solidario celebrado en Pontevedra

G24.gal 22/01/2023 15:55

Centos de atletas e afeccionados achegaronse ás pistas do CGTDG en Pontevedra para amosar o seu apoio ao decatleta Gustavo Dacal, que está recuperándose de cinco graves operacións en México. O que fora o seu adestrador e amigo Javier López Viñas quixo, emocionado, atender á Radio Galega

"Tócame moi de preto. Non só é participar, pero por desgracia coñecemos máis casos. É moi duro. Falei con el hai dez días. O mellor é que se recupere en España, cando menos os primeiros seis meses. Agora toca que estea en condicións de pensar en frío o que sexa mellor para el. O mellor é buscar unha solución médica para el, e cremos que é aquí. Agora xa está na casa da parella, porque a súa vivenda tivo que deixala. Que teña a alta médica non quere dicir que estea recuperado, é que pode seguir no día a día, pero necesita atención diaria, rehabilitación, necesita axuda e iso é o que é custoso, e por iso hai que axudalo".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade