Publicador de contidos

Publicador de contidos

Javier Lago debuta co seu primeiro concerto esta noite en Pontevedra

Javier Lago debuta co seu primeiro concerto esta noite en Pontevedra

A sala Karma acolle a actuación coa que o cantautor pontevedrés presenta o produto de dous anos de traballo musical

Cántalle a experiencias vitais, como o acoso escolar que sufriu e do que fala

O cantautor Javier Lago, na alameda de Pontevedra, horas antes do seu concerto deste venres
G24.gal 28/10/2022 14:13

"Eu canto ao que vivo. Pódese cantar ao amor nas múltiples facetas que tén. Noutras cancións falo do acoso escolar, de dificultades en temas de saúde, teño falado de soños...", di Javier, porque o falar deste pontevedrés de 26 anos é cantando. E as súas cancións falan das súas vivencias, como o acoso escolar que sufriu na súa propia carne. Preguntamos por cal debe ser a acción inmediata cando se é vítima dese abuso.

"A solución, ou polo menos o comezo da mesma, é falar. E eu non son ningún exemplo niso, porque empecei a falar deste tema cando o asasinato de Samuel, na Coruña. E falar, dar nome e que os nenos sempre teñen que atopar un adulto de confianza ao que poder transmitirlle este tipo de problemas ou medos ou outras sensacións que non teñen claro se son acoso ou non", di Javier Lago.

A experiencia de Javier Lago dá para falar moito máis de cen segundos. Cantarallo con máis profusión a quen o poida ver e escoitar esta noite no seu debut, na sala Karma de Pontevedra. Agora, un aperitivo dese concerto que o cantautor considera un dos momentos máis emocionantes tras dous anos, pandémicos, traballando no seu proxecto musical.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade