Publicador de contidos

Publicador de contidos

Manu Sánchez entraría na operación de Javi Galán ao Atlético de Madrid

Manu Sánchez entraría na operación de Javi Galán ao Atlético de Madrid

O lateral esquerdo foi indiscutible nas dúas temporadas en que vestiu a camisola celeste

G24.gal 27/06/2023 21:42

O Celta está para pechar o seu primeiro traspaso do mercado. Á falta de confirmación oficial, Javi Galán será xogador do Atlético de Madrid.

O ata o de agora lateral celeste converterase en colchoeiro a cambio duns cinco millóns de euros. Javi Galán asinou unha gran temporada en Vigo, anotou un gol e deu tres asistencias. Na operación saída de Galán, o Celta recibirá a Manu Sánchez, da canteira do Atlético, que xogou cedido no Osasuna a temporada pasada e é internacional coa selección española sub-21.

Galán chegou ao Celta hai dúas temporadas procedente do Huesca. Converteuse nun xogador indiscutible para todos os adestradores no lateral esquerdo. Só perdeu tres partidos como titular nas dúas campañas e, de 76 posibles, xogou os 90 minutos en 67 ocasións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade