Javi Galán: "Estamos supertranquilos con Iván Villar"
Non cre a Aspas que lle afecten os comentarios desde Sevilla tras a súa acción con Luiz Felipe
O lateral do Celta Javi Galán considera que o equipo está "a facer un gran traballo" e por iso é polo que lograsen dez puntos en cinco encontros:
"Os resultados acaban chegando e veñen dados polo bo traballo de antes", analizou.
Preguntado por Iván Villar, lembrou que o ven "en todos os adestramentos" e por iso saben da capacidade que ten:
"Estamos supertranquilos. É unha pena o de Marche -en referencia á grave lesión sufrida a semana pasada polo gardameta Agustín Marchesín-, pero entre quen entre, está á altura", valorou.
O defensa dixo sobre Iago Aspas que "é o xogador máis importante" para eles e a súa "referencia". Cualificouno como gran deportista e persoa e comentou que non cre que lle afecten os comentarios desde Sevilla tras a súa acción con Luiz Felipe, aínda que non é algo do que falasen, asegurou.