Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jaime Sánchez "Estou seguro que sairemos desta mala xeira. Non creo que o Rácing gañe todo"

Jaime Sánchez "Estou seguro que sairemos desta mala xeira. Non creo que o Rácing gañe todo"

O central andaluz do Deportivo analizou no Galicia en Goles a situación do conxunto coruñés

G24.gal 12/03/2022 09:03

Nos  momentos máis duros e complicados da temporada, a plantilla branzquiazul pecha filas en torno ao seu traballo e amosa confianza en regresar ás boas sensacións e resultados. Así se transloce  da conversa que mantivo o defensa Jaime Sánchez con Paco Santos no "Galicia en Goles" do pasado venres. 

"É obvio que estamos nunha mala xeira de resultados. Sabémolo. Pero confío en que as vitorias regresarán. Xa o fixemos e o demostramos antes. Pode ser que as ocasións que antes entraban á primeira agora non o fagan, pero temos a calidade suficiente para reverter a situación"

Trala  contundente vitoria do Rácing de Santander entre semana, que sitúa aos cántabros líderes en solitario, con tres puntos de vantaxe  e co average a favor, as dúbidas no deportivismo aumentan. Jaime é cauto e confía na remonta.

"Sabiamos que eles, tras gañar en Riazor, ían estar varios partidos sen perder. É normal, derrotarnos deulles moral. Pero creo que non gañarán todo e perderán puntos. Nós temos que centrarnos no noso e sacar o máximo que poidamos. Se logo o Rácing é quen de non perder ningún punto só quedará darlles os parabéns"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade