Publicador de contidos

Publicador de contidos

Jacobo Montes "O colectivo arbitral ten que revisar o dos descontos"

Jacobo Montes "O colectivo arbitral ten que revisar o dos descontos"

O técnico do Coruxo láiase dun penalti non  asubiado e da pouca prolongación na derrota ante o Adarve

G24.gal 30/01/2022 15:49

O Coruxo non foi quen de sacar nada positivo na súa visita ao campo do líder. O Adarve abriu diferencias moi cedo e foi superior nun primeiro tempo que o técnico Jacobo Montes avaliou desta maneira no Galicia en Goles:

"Se o partido rematase no descanso estaría moi enfadado. Agora, a sensación é que melloramos o mal que o fixemos. Non podemos permitirnos tirar media parte na nosa situación. Non quero quitar méritos a un rival moi intenso, daste conta cando estás contra eles. No descanso troquei tres pero se puidese faría os cinco"

A pesar da derrota e da autocrítica tamén houbo palabras para a actuación arbitral, que tivo certas discrepancias e decisións perxudiciais para os intereses vigueses.

"A xogada de Silva tócame preto, vino claro. É penalti. En canto as perdas de tempo, é algo que debe facer reflexionar. Facémolo todos, tamén o Coruxo. Pero o que deben facer os árbitros e descontar dez minutos. En canto comecen a facelo os equipos deixarán de perder tempo. Pero se só hai tres ou catro, continuará pasando"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade