Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iván Villar, a 30 minutos dun récord de imbatibilidade de 20 anos

Iván Villar, a 30 minutos dun récord de imbatibilidade de 20 anos

O récord de imbatibilidade está en poder de José Manuel Pinto e Rubén Blanco, que estiveron 385 minutos sen recibir un gol nas tempadas 2005-06 e 2019-20

G24.gal 13/03/2023 18:43 Última actualización 13/03/2023 18:49

O porteiro do Celta Iván Villar está a 30 minutos de entrar na historia recente do club e mellorar o récord de imbatibilidade que está en poder de José Manuel Pinto e Rubén Blanco, que estiveron 385 minutos sen recibir un gol nas tempadas 2005-06 e 2019-20, respectivamente.

O gardameta de Cangas, que se fixo coa titularidade tras a grave lesión do internacional arxentino Agustín Marchesín, podería mellorar ese rexistro no partido do próximo sábado contra o Español, despois de deixar a súa portería a cero ante o Valladolid, o Osasuna e o Raio Vallecano.

De momento, Iván Villar acumula 355 minutos sen recibir un gol. O último foi no partido disputado o pasado 18 de febreiro contra a Real Sociedade en Anoeta, cando Mikel Oyarzabal adiantou os donostiarras no minuto cinco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos