Publicador de contidos

Publicador de contidos

Iván Ares e Javier Pardo loitarán polo título do Supercampionato de Rallys

Iván Ares e Javier Pardo loitarán polo título do Supercampionato de Rallys

Comeza esta fin de semana en Serra Morena

Pardo cambia de coche e Ares de copiloto

G24.gal 15/03/2023 14:27 Última actualización 15/03/2023 14:31

Esta fin de semana arranca o desafío de Iván Ares e Javier Pardo. Comeza o Supercampionato de Rallys, que inclúe o asfalto e a terra. Haberá unha proba en Galicia: o Rally de Ourense. Serán dez citas en total, e todo comeza en Serra Morena. Tanto Ares como Pardo tratarán de estar na discusión do título.

Iván Ares ten unha espiña cravada no Supercampionato. Unha conta pendente pola mala sorte da temporada pasada.

Ares: "É un campionato que se xoga á décima. Todos os tramos serán clave".

O ourensán Javier Pardo tamén colle cartas no asunto. O subcampión europeo non puido cadrar as contas na carreira continental.

Pardo: "O obxectivo é estar o máis alto posible".

Pardo cambia de coche e Ares de copiloto. Volve con Pintor, o seu antigo compañeiro. E advirte. O título vaise decidir por segundos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade