Publicador de contidos

Publicador de contidos

Italia impón o uso da máscara ao aire libre e prohibe as grandes celebracións de Aninovo

Italia impón o uso da máscara ao aire libre e prohibe as grandes celebracións de Aninovo

A partir de febreiro, o certificado covid terá validez de seis meses en Italia, e non nove como ata o de agora

G24.gal 24/12/2021 08:06

Italia impuxo o uso da máscara ao aire libre en todo o país, que terá que ser FFP2 en cines, teatros, eventos deportivos e nos medios de transporte. Ademais, quedan prohibidas as grandes celebracións de Aninovo. Pechan discotecas, salas de baile e locais semellantes.

A partir de febreiro, o certificado covid terá validez de seis meses en Italia, e non nove como ata o de agora.

E unha norma máis, ata o 31 de xaneiro prolonga a obrigatoriedade de presentar a versión "reforzada" do certificado covid, é dicir, o que teñen os vacinados e curados, para entrar en bares, restaurantes e para consumir en barra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade