Publicador de contidos

Publicador de contidos

Italia exclúe os non vacinados do lecer a da restauración

Italia exclúe os non vacinados do lecer a da restauración

O Goberno italiano introduce un novo certificado reforzado para frear a pandemia

G24.gal 06/12/2021 17:03

Os non vacinados en Italia téñeno desde hoxe máis difícil. O Goberno tenta frear o coronavirus en Nadal cun certificado sanitario reforzado que só permitirá gozar do lecer e a restauración aos inmunizados ou curados.

A medida permanecerá en vigor en todo o país, independentemente dos datos de contaxios de cada rexión, ata o próximo 15 de xaneiro para frear a tendencia á alza do coronavirus nas últimas semanas. 

Italia conta desde este luns con dous tipos de certificados sanitarios: o Green Pas normal, que se outorga a vacinados, curados ou a quen teña un test negativo, e o Super Green Pass, só en mans de vacinados e curados.

O primeiro é indispensable para utilizar o transporte público, tamén o ferroviario, entrar ao posto laboral, para sentar á mesa nos comedores do traballo ou en restaurantes de hoteis, ou asistir a festas e cerimonias como vodas ou bautismos.

Pero a segunda versión, a "reforzada", na práctica exclúe os non vacinados de cinemas, teatros, eventos deportivos, festas, discotecas ou de consumir dentro de bares ou restaurantes.
Unha imposición que afecta uns seis millóns de italianos que non quixeron ou non puideron vacinarse, fronte aos 45,7 millóns de maiores de doce anos que si o fixeron, o 84,76 % da poboación.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade