Publicador de contidos

Publicador de contidos

Israel, o primeiro país que pecha as fronteiras ante a variante ómicron

Israel, o primeiro país que pecha as fronteiras ante a variante ómicron

Prohibe a entrada de estranxeiros para evitar contaxios

As restricións internas afectan á festividade da Hanuka, unha das máis relevantes do calendario xudeu que arranca este domingo

G24.gal 28/11/2021 17:37

Israel será a partir da medianoite o primeiro país do mundo que decide pechar as súas fronteiras por completo aos estranxeiros para previr a expansión da variante ómicron da covid.

As novas restricións tamén lles afectan aos cidadáns israelís que cheguen ao país procedentes do estranxeiro e que foran vacinados ou estean recuperados da covid. Deberán permanecer illados na casa e someteranse a outra proba PCR ao terceiro día da súa chegada. Se o resultado do test é negativo, sairán do illamento.

Os que decidan non pasar esa segunda proba PCR deberan completar un período de illamento completo de 14 días ou sete suxeitos a unha proba ao sétimo día. De non estar vacinados as condicións son máis severas e se proceden de países de África tras aterrar irán a un hotel de illamento ata que reciban o resultado da proba realizada no aeroporto.

Os estranxeiros teñen prohibida a entrada en Israel por quince día, agás nos casos que aprobe un comité de excepcións.

Tamén haberá restricións internas e a axencia de seguridade israelita utilizará tecnoloxía de localización para controlar os movementos das persoas con casos verificados da variante ómicron.

Israel confirmou polo momento un contaxio, dunha muller israelí que regresou a semana pasada de Malawi, e ten en investigación outros doce casos á espera da verificación, tamén de viaxeiros procedentes de África.

O peche ao turismo durante dúas semanas chega despois da que o país se abrira o 1 de novembro, tras ano e medio sen permitir entradas, o que supón un duro golpe para un sector chave no país.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos