Cargando resultados...
Isi Gómez chega a Riazor para fortalecer o centro do campo
Segundo xogador que asina polo Deportivo procedente do Badaxoz

G24.gal
27/06/2022 22:06
A terceira fichaxe do Deportivo é para fortalecer o centro do campo. Despois dos primeiros movementos (Santamaría e Narro) centrados no ataque, a incorporación de Isi Gómez é unha elección da dirección deportiva dun xogador de traballo e calidade na medular. Un clásico da Segunda B que xogou a carón de Gorka Santamaría a última temporada no Badaxoz. Alí foi un xogador indiscutible con 30 partidos xogados, 28 deles como titular.
Isi Gómez formouse no Raio Vallecano, co que chegou a debutar na Primeira División. Pasou polo Fuenlabrada e logo polo Granada B e Recreativo Granada. Antes de xogar no Badaxoz militou unha temporada no Melilla.