Helena Egea e concerto SOM Valencia, nas músicas do 'Zigzag'
Helena Egea e concerto SOM Valencia, nas músicas do 'Zigzag'
Helena Egea, unha artista emerxente que lle canta a súa irmá en Arrolo
Concerto solidario de Som Valencia na Coruña coa participación de Mondra, Sabela, Boyanka Kostova...
Helena Egea é un talento novo da aceleradora de proxectos musicais Son Emerxente. Publicou Arrolo, un sinxelo en acústico, con tan só guitarra e voz, que é unha homenaxe a súa irmá pequena. É unha promesa de amor incondicional que tamén apela a nena interior que todos levamos dentro.
Som Valencia é unha iniciativa do selo catalán Hidden Tracks, que apenas día despois da traxedia da DINA, organizouse para organizar concertos solidarios. En tan só unha semana, son xa case 50 os eventos organizados en varias cidades e a recadación a día de hoxe luns é de 375.000 euros, íntegros para a Fundación Horta Sud. No concerto da Coruña participa Mondra, The Rapants ou Sabela, entre outros.