Publicador de contidos

Publicador de contidos

Irán detén a atriz iraniana Taraneh Alidoosti por apoiar as protestas contra o réxime

Irán detén a atriz iraniana Taraneh Alidoosti por apoiar as protestas contra o réxime

Intérpretes e cineastas piden a liberación da recoñecida artista que denunciou a execución de Mohsen Shekari por participar nas manifestacións

Hai pouco publicou unha foto súa en Instagram sen veo para expresar o seu apoio ás protestas 

A actriz iraniana taraneh Alidoosti nunha imaxe do seu Facebokk A actriz iraniana taraneh Alidoosti nunha imaxe do seu Facebokk
G24.gal 18/12/2022 19:14

A actriz iraniana Taraneh Alidoosti, considerada unha das mellores actrices de Irán, foi detida acusada de incitar os disturbios no seu país, segundo publicaron algúns medios locais.

A artista foi arrestada "debido ás súas accións ao publicar contido falso e distorsionado, incitar disturbios e apoiar movementos antiiranianos".

Tarane Alidoosti (Teherán, 1984), obtivo varios premios ao longo da súa carreira e foi a protagonista da película "The Salesman" ("Forushandeh" en persa), dirixida en 2016 polo seu compatriota Asghar Farhadi e que en 2017 obtivo o Óscar á Mellor Película de Lingua Estranxeira.

É unha das actrices iranianas mellor pagadas e máis coñecidas internacionalmente

A detención da actriz estaría relacionada coas protestas en Irán que comezaron pola morte de Mahsa Amini tras ser detida pola Policía da moral por non levar ben posto o veo islámico en setembro, pero os manifestantes piden agora a fin da República Islámica fundada polo aiatolá Ruholá Jomeiní en 1979.

Tras case tres meses de mobilizacións, máis de 400 mortos e miles de detidos, as autoridades comezaron a executar manifestantes para tratar de controlar unhas mobilizacións protagonizadas sobre todo por mozas e mulleres, que piden máis liberdades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade