Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan os disparos a dous autobuses de Monbus en Betanzos

Investigan os disparos a dous autobuses de Monbus en Betanzos

Non quedou ferida ningunha persoa

Vinculan os feitos a un conflito laboral

G24.gal 08/02/2023 14:59 Última actualización 08/02/2023 17:56

Ataque vandálico a primeiras horas da mañá en Betanzos contra dous autobuses. Un deles acababa de saír dunha nave, nas inmediacións do parque Pablo Iglesias, para iniciar a súa ruta. Aínda non subira ningún pasaxeiro cando recibiu o impacto de varios disparos.

Foi unha agresión similar á que sufriu outro compañeiro cando circulaba, tamén sen viaxeiros, pola rúa de Saavedra Meneses, na contorna do polígono industrial. 

En ningún dos casos producíronse danos persoais e, segundo precisou a empresa, os condutores puideron continuar as súas primeiras rutas.

Todo apunta a que estes ataques se enmarcan dentro dun conflito laboral. Monbus xa presentou a pertinente denuncia perante a Garda Civil de Betanzos que se encarga agora da investigación destes feitos. A empresa asegura que non hai nigún conflito laboral. Admite que os disparos poden estar relacionados con algunha organización sindical pero cre que se trata dun "ataque illado de motivación descoñecida".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade