Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan o roubo nun bar de Bueu en que o camareiro apareceu inconsciente no aseo

Investigan o roubo nun bar de Bueu en que o camareiro apareceu inconsciente no aseo

A Garda Civil prosegue coas pescudas arredor dun roubo do que se descoñece a contía e en que non se observaron sinais de violencia

O bar está situado na rúa Pazos Fontenla de Bueu, aquí nunha imaxe deste mércores
G24.gal 07/02/2024 13:11

O empregado que tiña que pechar o local encontrárono inconsciente no aseo. A porta do establecemento estaba aberta e a caixa sen cartos. Foi o panorama ante o que se viu a camareira que ía empezar a quenda da mañá. Sucedeu hai xusto dúas semanas.

A Garda Civil prosegue coas pescudas para determinar as circunstancias dun roubo do que se descoñece a contía e en que non se observaron sinais de violencia. A investigación inclúe analíticas para aclarar a causa do estado de inconsciencia en que se encontraba o camareiro. Este segue de baixa laboral, segundo nos informaron persoas próximas a el.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar