Cargando resultados...
Investigan o atropelo mortal dunha muller no centro da Coruña
O home ferido no sinistro recibiu a alta
G24.gal
01/07/2022 20:42
A pescuda do atropelo dunha parella por un autobús urbano no centro da Coruña está en mans do xulgado.
Trátase de saber se os peóns cruzaban polo paso de cebra e se, de ser así, se cruzaban co seu semáforo en verde ou en vermello.
Ou se foi o autobús, que tiña que parar e non parou. Esa zona da praza de Pontevedra está videovixiada e as cámaras poden ter a proba.
As vítimas foron unha muller de 54 anos que morreu alí, no acto, e mais un home de sesenta que quedou ferido pero xa recibiu a alta.
Os veciños da zona aínda están impactados.
O Concello da Coruña e maila compañía de tranvías expresaron publicamente as súas condolencias.