Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan con sementes que fagan máis rendible o concentrado para as vacas

Investigan con sementes que fagan máis rendible o concentrado para as vacas

As probas realízanse cunha variante de millo procedente de Alemaña

O obxectivo é lograr a maior cantidade de gran por hectárea

G24.gal 23/05/2022 20:47

A través dunha máquina sementan o millo e depositan o fertilizante onde o necesita, deste xeito desperdíciase moito menos e é máis eficaz. A suba do prezo do cereal e a súa escaseza por mor da guerra de Ucraína fai que haxa que buscar alternativas para facer máis rendible o concentrado que se dá ás vacas. Nunha parcela de Castro de Rei están experimentando cunha variante orixinal de Alemaña. 

Búscase unha variedade de millo que sexa rendible, así que canto máis gran produza máis se reduce a cantidade doutros elementos no concentrado e abarátanse os custes. 

Nunha gandería de 700 animais, reducir un quilo de concentrado supón aforrar 300 euros ao día. 

Hai que agardar a outubro para coñecer os resultados. Unha vez recollido o gran farase unha media coa colleita dos tres últimos anos para coñecer se é a variedade correcta de millo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade