Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan as causas da morte dunha muller en Carballo

Investigan as causas da morte dunha muller en Carballo

Foi o compañeiro de piso o que atopou o corpo sen vida da muller no domicilio

G24.gal 07/04/2022 14:39

Investigan as causas da morte dunha muller de 48 anos en Carballo. Foi o compañeiro de piso o que atopou, á última hora da tarde do mércores, o corpo da vítima no seu domicilio da rúa Mahón.

Ata o lugar desprazouse persoal sanitario dunha ambulancia que só puido certificar o seu falecemento. A Garda Civil aínda está a investigar os feitos para confirmar se foi morte natural ou por outra causa. Con todo, parece que a muller non presentaba sinais de violencia.    

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade