Cargando resultados...
Investigan a morte dunha muller en Granada como posible crime

G24.gal
25/07/2022 23:06
En Granada investigan como posible crime machista a aparición dunha parella sen vida na súa casa de Albuñol. As primeiras hipóteses apuntan a que o home matou a muller cunha escopeta e despois suicidouse.
A parella tiña catro fillos. A vítima non presentara denuncias previas pero empezara os trámites para a separación. Este martes faráselles a autopsia aos corpos. O concello de Albuñol decretou tres días de loito oficial.