Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan a 10 persoas da zona de Vigo e Tomiño por insultos e ameazas en redes sociais

Investigan a 10 persoas da zona de Vigo e Tomiño por insultos e ameazas en redes sociais

O subdelegado do Goberno advirte aos implicados que haberá "tolerancia cero se se superan os límites que marca o Código penal"

Ao parecer os vídeos difundidos nas redes teñen a súa orixe nunha disputa "de índole familiar"

Losada explicou que os axentes advertiron aos implicados de que hai unha investigación aberta 

G24.gal 21/02/2026 13:16

A Garda Civil investiga a unha decena de persoas da zona de Vigo e Tomiño por insultos e ameazas lanzadas durante os últimos días por distintas redes sociais. Confirmou o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, quen detallou que os vídeos difundidos teñen a súa orixe nunha disputa "de índole familiar", o que levou a citar a estas dez persoas no marco dunha operación denominada 'Gallear'.

Losada explicou que os axentes advertiron aos implicados de que hai unha investigación aberta e que "ao menor indicio da comisión dun delito" actuarán poñendo ao dispor xudicial aos responsables.

Entre os investigados, expuxo o subdelegado, "está a persoa que se presenta como patriarca dun dos clans e tamén o seu fillo", que nun dos vídeos difundidos chegou a mostrar un arma de fogo "simulada".

Ademais, Abel Losada apuntou que ningunha das partes neste conflito quixo interpoñer denuncia.

 

O subdelegado do Goberno pide ao implicados que "rebaixen a tensión"

Ante esta situación, o representante do Executivo central na provincia de Pontevedra quixo facer "unha clara advertencia" a ambas as partes para que "rebaixen a tensión" e todos poñan do seu parte "para unha convivencia pacífica".

"Os tempos deste tipo de conflitos pasaron xa e canto antes enténdano, mellor. A sociedade esixe convivencia e respecto polas normas que nos demos entre todos e para todos. E a Garda Civil está moi atenta. Haberá tolerancia cero se se superan os límites que marca o Código penal", advertiu.

Por último, Losada agradeceu o traballo da Garda Civil nesta intervención que definiu como "de prevención", xa que, na súa opinión, "coa mera apertura da investigación e a toma de declaracións enviou unha clara mensaxe de advertencia e disuasión".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade