Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigados cinco menores por modificar fotos de mulleres con IA e difundir falsos espidos

Investigados cinco menores por modificar fotos de mulleres con IA e difundir falsos espidos

Hai confirmadas 17 vítimas, 13 delas menores

A voz de alarma dérona dous institutos de secundaria de Valencia

G24.gal 20/02/2024 14:12

A Garda Civil investiga cinco menores por modificar fotos de mulleres e nenas con intelixencia artificial e difundir as imaxes delas completamente espidas.

Os menores obtiñan as fotografías das redes sociais e despois de manipulalas as difundían a través de grupos de mensaxería.

Hai confirmadas 17 vítimas, 13 delas menores. A voz de alarma dérona dous institutos de secundaria de Valencia.

Os cinco menores investigados están acusados dun presunto delito de revelación de segredos e o caso está xa en mans da fiscalía de menores de Valencia.

Non é o primeiro caso que transcende en España. En setembro do ano pasado 26 menores foron investigados por compartir fotos con falsos espidos de nenas na cidade estremeña de Almendralexo.

O caso mesmo chegou a Europa cando a nai dunha das vítimas interveu no Parlamento para intentar que a violencia sexual cometida a través da intelixencia artificial forme parte da axenda política.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade