Cargando resultados...
Investigadores en incendios buscan pistas sobre a orixe das lapas en Verín
Un equipo especializado analiza os focos para dar cos responsables do lume
G24.gal
06/08/2022 15:23
Unha decena de persoas traballan para descubrir que pasou en Verín a tarde do mércores pasado, cando comezou este lume.
Percorren paso a paso a superficie queimada e van balizando o percorrido das lapas. É persoal da Unidade de Investigación de Incendios e tamén axentes do Seprona que analizan os distintos focos na procura de pistas sobre a orixe do lume.
O conselleiro de Medio Rural, José González, volvía pedir nas últimas horas na Radio Galega máxima prudencia para evitar que prendan máis lumes dada a complicada situación meteorolóxica e de seca actual, e chama tamén á colaboración cidadá para dar cos incendiarios.