Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigada unha veciña de Boiro por envelenar o seu can ata matalo

Investigada unha veciña de Boiro por envelenar o seu can ata matalo

Efectivos do Seprona atoparon o can mentres convulsionaba, tiña diante un comedeiro con veleno estaba tirado no chan e atado a unha árbore cunha cadea sen colar

A Garda Civil procedeu á investigación desta persoa como suposta autora dun delito de malos tratos de animais con resultado de morte

G24.gal 09/06/2022 09:53

Un can foi vítima de maltrato pola súa coidadora, unha veciña da Boliña, Boiro. Foi o 22 de abril, cando efectivos da Garda Civil encontraron o animal en moi mal estado e ante un comedeiro que o que tiña a disposición do animal era veleno.

O xefe da patrulla do Seprona de Corcubión, instrutor da denuncia afirma: "O can estaba a convulsionar, atado a unha árbore e a dona negándose reiteradamente a levalo para que o atendese un veterinario".

Ante a negativa, foron os gardas quen levaron o can ao veterinario e esa mesma noite o animal morreu. As análises posteriores avalaron a sospeita de envelenamento.

Segundo as pescudas, uns días antes a muller, de algo máis de 50 anos, recibira a última sanción por ter un can de raza potencialmente perigosa sen cumprir ningún dos requisitos legais. Ao non acollerllo no refuxio decidiu, supostamente, acabar con el. Agora terá que responder no xulgado dun delito de maltrato animal por non coidalo como é debido.

Explica o cabo primeiro da Garda Civil que non é posible demostra o do envelenamento, pero que a muller se enfronta a unha pensa de prisión de ata un ano e que lle prohíban ter outra mascota durante un tempo. A investigada ten outro can, un mastín, e con el cumpre os requisitos que establece a normativa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade