Publicador de contidos
Publicador de contidos

Inundacións en Pontevedra pola rotura dunha tubaxe de abastecemento de auga

Inundacións en Pontevedra pola rotura dunha tubaxe de abastecemento de auga

A avaría provocou o corte na subministración de auga durante dúas horas en boa parte da cidade

G24.gal 26/02/2024 14:25

Na mañá deste luns a empresa concesionaria do servizo de abastecemento de augas de Pontevedra continuaba arranxando os estragos provocados pola rotura dunha tubaxe de fibrocemento no Camiño Vello de Castela. A cantidade de auga era tal que acabou inundando unha vivenda próxima.

José Manuel Esperón, propietario dunha empresa de limpezas enviada pola empresa de abastecemento de augas, apunta que hai un pouco de lodo no interior que va a proceder a retirara, asegura que a casa non está habitada e que so hai un armario no salón que se puido ver afectado pola auga. 

Outra das consecuencias foi que boa parte da cidade do Lérez quedou temporalmente sen subministración de auga ou cunha presión moi baixa.

Emilio Gutiérrez foi un dos veciños afectados, di que ao vivir nun piso elevado estivo varias horas sen auga na vivenda.

Dende a empresa de abastecemento sinalan como causa máis probable da rotura a antigüidade das canalizacións. Os veciños din que non é a primeira vez que acontece algo semellante.

O corte de auga durou pouco máis de dúas horas; o tempo que tardou a empresa subministradora en desviar as canalizacións. O seguinte paso será levantar a rúa para localizar a rotura e arranxar a avaría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade