Publicador de contidos

Publicador de contidos

Restablecida a circulación do tren Ribadeo-Ferrol tras a caída dunha árbore

Restablecida a circulación do tren Ribadeo-Ferrol tras a caída dunha árbore

O servizo permaneceu interrompido aproximadamente unha hora

Arquivo TVG Arquivo TVG
G24.gal 22/01/2026 08:05 Última actualización 22/01/2026 09:43

A circulación da liña de tren entre Ribadeo e Ferrol xa está restablecida.

A conexión ferroviaria quedara interrompida a primeira hora deste xoves por mor da caída dunha árbore sobre as vías, segundo informou Adif a través da rede social X.

O operador ferroviario xa avanzara que se estaba a traballar na incidencia para solucionala coa maior brevidade posible e, pouco despois, o servizo regresou á normalidade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade