Publicador de contidos

Publicador de contidos

Interceptan un condutor sen carné e reincidente que cuadruplicaba a taxa de alcoholemia

Interceptan un condutor sen carné e reincidente que cuadruplicaba a taxa de alcoholemia

O condutor xa fora interceptado outras dúas veces, unha nun patinete

A taxa foi de 0,90 e nunha anterior xa dera 0,86

Europa Press / Arquivo Europa Press / Arquivo
G24.gal 21/07/2025 12:25

Un condutor foi interceptado esta fin de semana pola Policía Local nun control de alcoholemia, no que deu unha taxa ata catro veces superior á permitida. Este era reincidente e estaba co carné de conducir retirado.

Ese mesmo condutor xa fora interceptado noutras dúas ocasións neste mesmo ano en Lugo por conducir ebrio e sen permiso.

A primeira destas dúas foi no mes de maio, cando se negou a ser sometido á proba de alcoholemia e ía ao volante sen permiso.

A segunda foi en xuño, cando ía a bordo dun Vehículo de Movilidade Persoal (VMP), un patinete eléctrico, e tamén deu positivo no control.

Xa dera unha taxa de 0,86 miligramos de alcol por litro de aire expirado, máis de tres veces o que permite a lei.

Agora, foi sorprendido cunha taxa de 0,90 miligramos de alcol por litro de aire expirado, polo que foi imputado por dous delitos e o seu vehículo foi inmobilizado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade